#42. Os moravos. 1000 anos de historia entre Praga e Viena

Fóra de Mapa - Un pódcast de Fóra de Mapa

Podcast artwork

Categorías:

Moravia é unha das tres rexións históricas que forman parte da República Checa e a pesar de que o país é centralista e relativamente homoxéneo, desde hai moitos séculos existe unha identidade local coa que se identifican centos de miles de moravos.Moravia sempre tivo institucións propias e foi unha entidade autónoma de Praga (e máis de Viena), aínda así, os moravos loitaron canda os seus compatriotas bohemios pra lograren a independencia do país e a normalización da lingua checa, durante séculos minorizada polo idioma alemán. Hoxe, a nación checa ten un estado de seu, do que os moravos se sinten como unha parte substancial, mais con todo demandan o recoñecemento e visibilidade da súa cultura e identidade e a autonomía pro seu milenario país moravo.